Vivir en Compostela

VIVIR EN COMPOSTELA
Vivir en Compostela leva consigo una obriga ineludible e con frecuencia moi grata: acompañar pola cidade a forasteiros amigos, ou amigos de amigos, que a veñen visitar, as veces procedentes de países lonxanos. Eu vivín e vivo esa experiencia con bastante intensidade e, na mayoría dos casos, comprobei nos visitantes un sentimento coincidente que terminan por expresar en palabras máis ou menos semellantes a estas: “olle amigo ¿e vostede decátase de que vivir en Compostela é un privilexio espiritual?
Tódolos que chegamos un dia a Compostela como forasteiros coñecemos ben ese sentimento e, mesmo por eso, podemos contestar sin dúbida a pregunta; pero a nosa resposta para satisfacer de veras a curiosidade do visitante, ten que ser explicativa, e eu doulles outra explicación:
Compostela é ,de certo, una das máis prestixiosas ciudades da historia europea porque chegou a ser un dos grandes santuarios da Cristiandade, e como testemuño desa importancia relixiosa queda a súa maravillosa realidade monumental. Durante séculos, de toda Europa acudían a Compostela para rezar diante do sartego do Apostol; hoxendía, de Europa e de outras partes siguen acudindo a Compostel, algún para rezar no vello Santuario e outros para contemplaren o seu esplendor monumental. Sigue sendo una cidade directamente presente no mapa cultural de Europa.
Ao mesmo tempo, Compostela é o centro comercial dunha importante comarca campesiña. Polas súas rúas e prazas veñen con absoluta familiaridade as xentes do campo, e do campo procede boa parte da súa poboación traballadora.Sin deixar de ser esa cidade europea que sempres foi, é tamén una cidade entrañada na Galicia campesiña.
Pero a maiores desa doble dimensión , que lle dá una especial singularidade, ten tamén a condición de ser una cidede universitaria. Unha cidade pequeña con Universidade, vive una experiencia cultural moi distinta á das outras ciudades equivalentes en cuatía de poboación que carecen de vida universitaria. Nuha cidade pequeña , a presecia e influencia universitaria é mais intensa, tanto na actividade cultural como no ambiente social. Se a una cidade de 70.000 habitantes aflúen 20.000 mil xóvens a facer estudos,a fisonomía social desa cidade cambia profundamente.Tal ocurre en Compostela, que é a cidade mais xuvenil de Galiza.
Esta triple condición de cidade europea,de cidade campesiña galega e de cidade universitaria dalle a Compostela una personalidade moi peculiar, mesmamente porque as tres se funden nunha realidade vital única. Realidade que ofrece un especial atraemento para o visitante que ven coa idea de contemplar maravillas do arte románico ou do arte barroco e que as encontra tan rodeadas de vitalidade palpitante como se acabara de nacer en lugar de representar épocas pasadas da historia do arte.
Todo iso é ben sabido. Pero quizáis se pensa menos no influxo real que Compostela ten en Galicia e,sobre todo que non podería e debería ter. Reparemos que é en Compostela onde coinciden os xóvenes de toda Galicia.Que é nas aulas ,nas rúas,nas bibliotecas, nas tascas en fin,no ambiente compostelán onde forman grande parte da sua personalidade. Que é en Compostela onde na convivendia pan-galega, teñen a vivencia de Galicia como realidade global.Esto é así dun modo espontáneo cáseque pasivo sin que a propia Compostela teña moi clara conciencia do feito. E sería moi importante que chegase a tela. Se agora,polo peso das circunstancias, o corazón de Galicia, a conciencia da sua responsabilidade galega permitiríalle ser , además a forxadora da nosa vontade colectiva. Podería ser ese centro espiritual que sempre nos faltou como pobo.
RAMÓN PIÑEIRO.XULLO 1979